Character Information
Este complemento permite presentar nunha mensaxe información unicode de
carácter como nome, número, categoría, etc.
Ordes
- 2 do teclado numérico (todas as distribucións de teclado) ou
NVDA+. (distribución de portátil): cando se preme catro veces, amosa
información sobre o carácter do navegador de obxectos actual onde estea
situado o cursor de revisión.
Notas
-
Este complemento tamén fornece dous xestos que están sen asignar por
defecto:
- Un script para amosar directamente a información do carácter no cursor
de revisión. Se te sentes incómodo co xesto de catro pulsacións, podes
asignarlle un xesto no diálogo de xestos de entrada de NVDA (categoría
"Revisión de texto").
- Un script para amosar información de carácter para o carácter na
posición do cursor (só funciona en sitios onde hai un cursor). Pódese
atopar na categoría "Cursor do sistema" do diálogo de xestos de
entrada de NVDA.
-
A información proporcionada está en inglés xa que é parte da norma
Unicode. Se existe unha tradución local para este complemento, a
información tamén se proporciona xunto co inglés.
- O nome CLDR (Unicode Common Locale Data Repository) sopórtase so en NVDA
2019.1 e superior.
- Para os caracteres escritos coas fontes propietarias de Microsoft Symbol,
Wingding (1, 2,, 3) e Webding, proporciónase algunha información
adicional: nome do carácter, nome da fonte e información do carácter
unicode correspondente.
Rexistro de trocos
Versión 1.6
- Compatibilidade NVDA 2021.1.
Versión 1.5
- Preparar compatibilidade con NVDA 2021.1 (contribución Lukasz Golonka).
- Actualizar coas últimas modificacións na plantilla de complementos.
Versión 1.4
- Engadido un script para obter información para o carácter na posición do
cursor (contribución Lukasz Golonka).
- Actualización a Unicode 13.0.
Versión 1.3
- Arranxa un erro con NVDA 2019.3.
Versión 1.2
- Proporciona información adicional sobre os caracteres escritos con fontes
de Microsoft.
Versión 1.1
- Actualizacións para soportar versións máis novas do NVDA (compatible con
Python 2 e 3)
- As liberacións realízanse agora con Appveyor
Versión 1.0
[[!tag dev stable]]